InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG pedirá explicacións sobre o soterramento da sauna castrexa de San...

O BNG pedirá explicacións sobre o soterramento da sauna castrexa de San Cibrao á Xunta e ao Concello

A formación nacionalista tamén se interesará polas medidas de protección establecidas para continuar as obras de saneamento na zona do achado

Publicada o

- Advertisement -

O BNG pide explicacións sobre o soterramento da sauna castrexa da Atalaia de San Cibrao á Xunta de Galicia e mais ao goberno municipal.

O pasado 8 de agosto, a Dirección Xeral de Patrimonio ordenou deter a escavación iniciada na zona sen comprobar verdadeira extensión nin valor patrimonial do xacementodescuberto durante unhas obras de saneamento na rúa do Faro.

As deputadas nacionalistas preguntarán ao goberno galego as razóns polas que non se desenvolveu un “estudo arqueolóxico pormenorizado” no xacemento e interesaranse tamén polas “medidas de protección” que se estableceron para continuar cos traballos.

SOLICITAN A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE PATRIMONIO

Pola súa banda, o BNG de Cervo rexistrou este luns unha solicitude para que o alcalde, Alfonso Villares, convoque coa máxima urxencia a comisión de urbanismo e patrimonio onde se interesará polos “controis legais” que se estableceron para non afectar o achado.

A formación dá eco as denuncias feitas a pasada semana polo colectivo Mariña Patrimonio, que sinalou que a empresa encargada das obras empregou “unha apisoadora sobre as estruturas da sauna que, sostén, “non estaban suficientemente soterradas e protexidas”.

Os edís manifestaron o seu desacordo coa decisión da Xunta de tapar o xacemento sen un estudo en profundidade. “Non resulta fácil entender que se fixera dun xeito tan apresurado, despois de ter sen actividade as obras durante máis dun mes. Completar o estudo da sauna non levaría mais que uns poucos días, segundo afirman os técnicos, e o custo económico sería perfectamente asumible”, argumentan os nacionalistas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...