InicioMovementos SociaisFoz acollerá o 20-S unha concentración nocturna contra a violencia machista

Foz acollerá o 20-S unha concentración nocturna contra a violencia machista

O Concello anunciou que se suma á campaña Emerxencia Feminista, logo de que no pasado mes de xullo trece mulleres e unha menor fosen asasinadas por parellas ou ex compañeiros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anunciou que se suma cunha concentración nocturna á campaña Emerxencia Feminista, “contra os asasinatos machistas, as manadas e as agresións sexuais”, convocada a nivel estatal para o 20 de setembro.

Segundo os datos da Delegación de Goberno, o mes de xullo foi o peor en trece anos en casos de violencia machista; trece mulleres e unha menor morreron a mans das súas parellas ou ex parellas, que se suman ás máis de mil mulleres asasinadas dende o 2003. E as agresións sexuais “en manada” suman máis do dobre que nos pasados anos.

O goberno local convoca á veciñanza ás 21.30 horas diante do Concello, nun encontro ao que se convida a levar unha luz violeta en memoria das vítimas. “A fachada do concello será iluminada de violeta a noite do 20 e nós con lanternas, velas ou móbiles, sairemos á rúa a rexeitar a violencia contra a muller”, explica Verónica Peña, Concelleira de Muller e Igualdade.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

O equipo de goberno levará ao próximo pleno unha declaración institucional contra os asasinatos machistas e contra toda forma de violencia contra as mulleres, coa que se rexeitará tamén calquera tipo de declaracións ou mensaxes que contribúan á xustificación da violencia de xénero, que promovan a súa minusvaloración ou cuestionamento así como das ferramentas normativas das que nos temos dotado para combatela, anunciou o alcalde, Fran Cajoto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...