InicioMovementos SociaisO feminismo mariñao cítase en Burela e Viveiro en repulsa polo crime...

O feminismo mariñao cítase en Burela e Viveiro en repulsa polo crime machista de Valga

As concentracións serán na Praza da Fontenova viveirense, ás 20.00 horas, e na Praza da Mariña burelá, as 20.30

Publicada o

- Advertisement -

O Observatorio da Mariña pola Igualdade convocou unha concentración para o vindeiro mércores en Burela contra o crime machista de Valga. Ese mesmo día, Viveiro acollerá outra protesta polo asasinato de tres mulleres da mesma familia, tiroteadas polo ex marido dunha delas. Os propios fillos pequenos da parella presenciaron como o asasino disparaba a súa nai cun arma curta.

A concentración en Burela será na Praza da Mariña, a partir das 20.30 horas. A cita viveirense, á que o BNG de Viveiro mostrou o seu apoio, será na Praza da Fontenova media hora antes. Co lema ‘o machismo mata‘, o feminismo galego sairá á rúa para denunciar a violencia machista en varias vilas e cidades da comunidade.

ACTOS DOS CONCELLOS

Ao longo do día, varios gobernos locais da Mariña Lucense mostraron o seu rexeitamento ao asasinato destas tres mulleres. O Concello de Burela convocou para este martes, ás 20.00 horas, unha concentración na Praza do Concello.

Antes, ás 12.00 horas, Concello de Cervo e Mujeres en Igualdad concentraranse na Praza dos Campos de San Cibrao. O goberno de Barreiros convidou a asistir á protesta convocada polo Observatorio, e O Valadouro anunciou que se sumará, o vindeiro día 20, á Noite Violeta (21.00 horas, praza do consistorio) impulsada por Emerxencia Feminista, unha convocatoria nocturna que tamén será respaldada en Foz.

O Concello de Mondoñedo emitiu un comunicado no que mostrou a súa “enérxica” e “contundente” repulsa ao asasinato, o último ata o de agora da “lacra das violencias machistas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...