IniciosociedadeSuárez Barcia afea a Feijóo querer converter aos concellos "en cidades-estado" aos...

Suárez Barcia afea a Feijóo querer converter aos concellos “en cidades-estado” aos que a Xunta “dá ánimos”

Alcalde e presidente da Xunta polemizan a través de cartas abertas polo abastecemento de Ribadeo e Trabada

Publicada o

- Advertisement -

Os problemas de abastecemento de auga en Ribadeo e Trabada seguen a desatar a polémica. Este luns, o alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, respondeu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cunha carta aberta despois de que o responsable do Goberno galego usase a mesma fórmula para dirixirse a el.

Na misiva, Feijóo rexeitou manter unha xuntanza con Suárez Barcia e coa rexedora de Trabada, a socialista Mayra García Bermúdez, que lle solicitaran audiencia tras unha nova rotura da traída desde Vilarbetote.

O presidente da Xunta asegurou que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, será “a que atenda” a solicitude.

Ademais, Feijóo sostén no texto, que podes ler nesta ligazón de La Voz de Galicia, que a Deputación “ten entre os seus cometidos o apoio aos municipios de menos de 20.000 habitantes” e incide na versión do Partido Popular (PP) ribadense, quen acusou ao Concello de paralizar un investimento de 1,5 millóns en 2015 para un novo depósito de auga en Ove, pola “falta de dispoñibilidade de terreos” que “imposibilitou a súa materialización”. O rexedor ribadense contrapón, como xa o fixo con anterioridade, que “en ningún momento” a Xunta pediu as parcelas e que o propio Goberno galego fixo “un informe desfavorable” do proxecto.

Suárez Barcia lémbralle na carta a Feijóo que o abastecemento en Ribadeo e Trabada “non depende dun depósito de auga”, xa que este proxecto foi “unha separata dun meirande do ano 2011, por cinco millóns de euros, de substitución da acometida“, cunha canalización de décadas de antigüidade, construída con fibrocemento, en vinte quilómetros do servizo. Ademais, critica que a Xunta “non fixo caso ningún” ás denuncias ante as verteduras de lixiviados ao Río Grande, onde Ribadeo tamén capta auga.

“DOUS MILLÓNS DE EUROS SEN RETORNO”

O rexedor aféalle a Feijóo que nos últimos dez anos, “casualmente desde que vostede é presidente”, os ribadenses entregasen “dous millóns de euros” á Xunta en concepto de canon de auga, “sen recibir neste concepto un só céntimo en abasto”.

Tamén querer converter aos concellos “en cidades-estado” que “resolven os seus problemas básicos cos seus propios medios”, mentres que a Xunta “pouco máis pode que dar ánimos e unha axuda puntual”. Podes ler a carta completa de Suárez Barcia, que inclúe documentación mencionada, neste arquivo ligado a continuación. Carta e documentación remitida ao presidente da Xunta

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...