InicioPolíticaO cervense Piñeiro Docampo, único aspirante a dirixir CxG durante os vindeiros...

O cervense Piñeiro Docampo, único aspirante a dirixir CxG durante os vindeiros tres anos

A formación celebrará o vindeiro sábado o seu terceiro Congreso Ordinario, no que non se agardan cambios na dirección

Publicada o

- Advertisement -

Compromiso por Galicia (CxG) celebrará o vindeiro sábado, 21 de setembro, o seu terceiro Congreso Ordinario. O cervense Juan Carlos Piñeiro Docampo, actual secretario xeral, encabeza a única candidatura presentada para dirixir a formación durante os vindeiros tres anos.

Deste xeito, Piñeiro, máximo responsable de CxG desde xaneiro de 2017, continuará á fronte do partido e probablemente tamén a actual dirección do mesmo, que se define como unha formación “galeguista, progresista e socialdemócrata”.

A cita, baixo o lema: ‘Galicia, o noso camiño‘, será no Hotel Congreso de Teo, desde as 10.00 ás 19.00 horas. CxG conta para a cita con “delegacións de partidos irmáns: PNV, PDR de Portugal e PDE europeo”.

CONSELLO NACIONAL PARITARIO

No encontro, CxG disporá a estratexia de cara “ás distintas citas electorais que chegan”, entre elas as eleccións autonómicas de 2020. A cita servirá para elixir aos compoñentes do Consello Nacional, para o que se escollerán “de forma paritaria 20 mulleres e 20 homes”.

O “elevado número de candidatos” a este organismo “garante”, segundo CxG, “a presenza de compoñentes de toda Galicia dando así contido e realidade territorial e este órgano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...