A Mariña clamou contra a violencia machista en repulsa dos asasinatos de tres mulleres en Valga e doutra en Madrid durante os últimos días. Viveiro e Burela acolleron as principais concentracións do feminismo na bisbarra, que se encheu de actos de recoñecemento ás vítimas e de condena dos asasinos.
En Viveiro, o encontro foi na Praza da Fontenova do casco histórico. A protesta incidiu en que dos tres feminicidios ocorridos en Valga, “só un deles será considerado como violencia de xénero segundo a lexislación estatal, polo que os outros dous non contarán nas estatísticas nin se lles poderá imputar este agravante“. Podes ler o manifesto completo da protesta nesta ligazón. comunicado_triplefeminicidiovalga
En Burela, a protesta foi na Praza da Mariña. As persoas que acudiron á chamada do Observatorio da Mariña Pola Igualdade secundaron unha convocatoria que lembrou que ‘O machismo mata‘.
ACTOS NOS CONCELLOS
Os consistorios de Foz, Burela, Xove, Viveiro o a Praza dos Campos de San Cibrao, en Cervo, foron algúns dos escenarios nos que se realizaron actos reivindicativos contra a violencia machista.
PROTESTA EN BARREIROS O VENRES
O Concello de Barreiros anunciou este mércores que se sumará a convocatoria do colectivo Emerxencia Feminista, á que se adheriron municipios como O Valadouro ou Foz. Así, convocou unha concentración ás 11.30 horas, o vindeiro venres, diante do consistorio.