InicioM.ambiente e PatrimonioA demora na apertura das praias preocupa en Tapia

A demora na apertura das praias preocupa en Tapia

Os areais de Anguileiro e Serantes permanecen pechados ao baño á espera dos resultados das mostras tomadas este luns pola Agencia de Sanidad Ambiental

Publicada o

- Advertisement -

As praias tapiegas de Anguileiro e Serantes seguen pechadas á espera das análises realizadas pola  Agencia de Sanidad Ambiental, organismo autorizado para controlar a calidade das zonas de baño no Principado de Asturias.

A apertura demorarase máis do previsto polo goberno local xa que as mostras tomáronse este luns á mañá,  case tres días despois de comunicarse o peche.  “Cada día que permanecen pechadas as praias ten consecuencias moi negativas para o noso concello”, queixouse  a alcaldesa Ana Vigón  nunha nota aos medios na que lamenta “os inconvintes causados a veciños, turistas e hosteleiros”

MELLORA NA CALIDADE DA AUGA

O concello de Tapia explica que as probas encargadas polo goberno local, que xa anunciara controis para facer un seguimento da situación, indican unha mellora da calidade das augas nos dous areais. Dacordo cos resultados desas probas, encargadas a empresa Asturauga, as praias poderían abrirse ao baño ao acreditarse unha diminución das bacterias fecais que provocaron o peche.

O executivo local incide en que se trata dun episodio de contaminación “puntual” e apunta como posible causa “as intensas chuvias da pasada semana”. En 2017, a praia de Anguileiro obtivo a calificación de “boa” e de Serantes de “suficiente”  na calificación de balance anual que realiza a propia Agencia de Sanidad Ambiental a través de Programa Oficial de Control das Zonas de Baño.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...