A organización do Resurrection Fest confirmou o que semellaba un segredo a voces trala publicación do primeiro anuncio da décimo quinta edición do festival: que a banda estadounidense System of a Down será cabeza de cartel da décimo quinta edición do festival, do 1 ao 4 de xullo en Viveiro.
No anuncio, o protagonista, tras forxar unha peza de metal, le una nota na que se entrevé unha cita da Biblia que se corresponde cunha das cancións máis populares da formación californiana, ‘Chop Suey‘.
“A banda máis pedida deste ano nas nosas enquisas, un dos maiores cabezas de cartel do ano nos festivais europeos de metal e unha das maiores bandas de metal da historia, estará tamén en Viveiro con data exclusiva en España para 2020″, apunta un comunicado da organización.
Os promotores do Resu anticipan que o de System of a Down “será un concerto de longa duración e con todos os éxitos da banda que soaron en radios e televisións ao longo da súa carreira. Converterase sen ningunha dúbida nun dos concertos máis históricos que xamais vimos no festival”, remarca o comunicado.
O LUNS, MÁIS BANDAS E AS ENTRADAS, O 1 DE OUTUBRO
Tras esta primeira confirmación, Resurrection Fest anunciará “moitas máis bandas” este próximo luns 23 de setembro. As entradas poranse á venda ás 11.00 horas do 1 de outubro en www.resurrectionfest.es.