InicioPolíticaA Pontenova suma 1.500 sinaturas contra a supresión do médico

A Pontenova suma 1.500 sinaturas contra a supresión do médico

O Concello convoca unha xuntanza este mércores e convida ao xerente da EOXI a que explique aos veciños a medida

Publicada o

- Advertisement -

O Concello da Pontenova reuniu arredor de 1.500 sinaturas contra a decisión do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de non renovar a praza do médico de familia que se xubilou hai dous meses, e convoca aos veciños a unha nova xuntanza, este mércores ás 21.00 horas na casa da cultura. O goberno local convidou á reunión ao xerente da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares, a que “dea as explicacións pertinentes do por que desta medida”, segundo explica o edil Francisco Martínez.

O Sergas xustificou a supresión da praza en que, malia quedar o centro de saúde pontenovés con dous médicos, séguese a cumprir o ratio dun facultativo por cada 1.400 habitantes. A Pontenova ten unhas 2.400 cartillas, segundo expón o edil.

Martínez, sen embargo, argumenta que o ratio non ten a mesma importancia nas zonas urbanas e rurais. “Non é o mesmo un barrio de Lugo que unha área coma esta. Aquí hai moita dispersión de poboación”, sinala, o que significa que atender a usuarios a domicilio, como facía o médico de familia xubilado, supón tempo de non prestar servizo.

o goberno local asegura que o ratio de cartillas por facultativo non serve en zonas de poboación dispersa

Que ocorre se hai unha urxencia na aldea de Barreiros, na parroquia de Bogo, que está a vinte quilómetros da capital municipal e ás veces queda illada pola neve? Perdes media hora de ida e outra media de volta”, sinala Martínez, e asegura que “os veciños xa se queixaron estes días porque o médico botou fóra toda a mañá”.

Martínez engade que A Pontenova duplica a súa poboación nos meses de verán, o que reduce a pertinencia do ratio establecido polo Sergas.

INICIATIVAS DE PRESIÓN

O concelleiro explica que durante a xuntanza, na que se espera unha explicación do Sergas, barallaranse tomar outras medidas de presión para que se garanta a praza do médico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...