IniciosociedadeO BNG pedirá que se retire o nome de Pedrosa Latas do...

O BNG pedirá que se retire o nome de Pedrosa Latas do Barrio do Chao de Celeiro

Os nacionalistas rexistran unha moción para, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, substituír a placa que recoñece no vecindario ao militar falanxista

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Viveiro pedirá no vindeiro pleno, que se celebrará o 2 de outubro, a substitución das placas do grupo de vivendas do Barrio do Chao. A lámina fai referencia a Antonio Pedrosa Latas, político e militar falanxista cuxo nome xa foi retirado do CEIP de Celeiro en aplicación da Lei de Memoria Histórica, segundo o acordo plenario do 7 de febreiro de 2018.

A formación nacionalista está a visitar as parroquias escoitando demandas da veciñanza nunha campaña titulada ‘Cóntallo ti‘. Segundo explica o partido frontista, o último destes encontros tivo lugar na casa do Forno celeirense, onde “unha das demandas” dos veciños tivo que ver “co grupo de vivendas”, inauguradas no 1955 polo Instituto Social da Mariña, “tal e como anuncian as placas situadas ao pé da estatua de San Rafaeliño na entrada do Barrio”.

PROPOSTA DE INSCRICIÓN

Deste xeito, o BNG proporá a substitución das placas por un posible texto que rece: ‘Grupo de Vivendas dos mariñeiros (1955) Barrio do Chao‘, así como tamén a eliminación de todo recoñecemento público “que atente contra a memoria histórica e poida perdurar no citado vecindario”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...