InicioEconomíaAlcoa manterá paradas as 32 cubas ata que haxa novo marco enerxético

Alcoa manterá paradas as 32 cubas ata que haxa novo marco enerxético

O comité confirma que a multinacional non revertirá o recorte do 11% na produción ata que o Goberno central garanta o abaratamento da luz

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, Xosé Paleo, manifestou este venres que seguen paradas 32 cubas de electrolise das 512 con que conta a planta da Mariña Lucense e que a empresa lles dixo aos traballadores que se manterán así “mentres non haxa un novo marco enerxético“.

“A empresa dinos que mentres non haxa un marco enerxético que permita ver un futuro claro, que permita competir con outros países da Unión Europea, que non teñen perspectiva de volver porse en funcionamento”, puntualizou.

“A paralización das cubas supón baixar a produción máis dun seis por cento que sumado a unha baixada da mesma que fixeron un mes antes, reducindo a intensidade de todas as series de 168.000 amperios a 160.000, en total supón que a produción se viu reducida nun 11 por cento”, explicou.

O VINDEIRO MÉRCORES, PROTESTA EN XOVE

Por iso, insiste en reclamar unha saída ao Goberno central, á vez que avisa de que “segundo pasa o tempo” achéganse ” ao precipicio”. Neste sentido, manteñen as mobilizacións, os venres ás 14.00 horas, que se celebrarán ás portas da factoría de San Cibrao. Aademais, os traballadores teñen previsto participar “masivamente” noutra concentración programada para o mércores 9 de outubro, “co apoio dalgúns alcaldes da Mariña”, a partir das 20.30 horas na Praza do Concello de Xove.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...