InicioM.ambiente e PatrimonioInvestigan a un veciño de Lourenzá por cortar 30 carballos e bidueiros...

Investigan a un veciño de Lourenzá por cortar 30 carballos e bidueiros en Trabada

Os feitos aconteceron a finais do pasado mes de agosto, cando o imputado tallou supostamente as árbores nunha leira da parroquia trabadense de Vilapena

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño de 62 anos residente no municipio lucense de Lourenzá está a ser investigado pola Garda Civil como suposto autor dun delito de danos ao cortar árbores nunha parroquia do termo municipal de Trabada, tamén na Mariña Lucense.

Segundo informou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, os feitos ocorreron a finais do pasado mes de agosto, cando o imputado tallou supostamente 30 árbores –carballos e bidueiros– nunha leira que está situada na fegresía de Vilapena, en Trabada.

POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL

A persoa investigada, segundo o mesmo escrito da Benemérita, xa foi posta a disposición das autoridades xudiciais correspondentes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...