IniciosociedadeBurela acollerá o primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca

Burela acollerá o primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca

A Fundación Expomar prepara un proxecto de divulgación do sector que inclúe un encontro, previsiblemente en decembro, para reivindicar as técnicas tradicionais e sostibles

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar anunciou este martes que traballa no desenvolvemento dun proxecto de divulgación da cultura mariñeira denominado Centro de Coñecemento en Patrimonio Cultural Pesqueiro, entre o que se inclúe a organización, previsiblemente no mes de decembro, do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca.

Segundo explicou o presidente da fundación e alcalde de Burela, Alfredo Llano, a intención é que o congreso sexa “a mediados do mes de decembro. Cremos que é importantísimo para facer unha divulgación de como se pescan diferentes especies con diferentes artes”, remarcou.

O presidente de Expomar expuxo que “queremos que veñan expoñer esas técnicas xente de lugares como Andalucía, Santander, País Vasco, Asturias, das Rías Altas e das Rías Baixas, que sexa moi representativo do sector e que dea a coñecer unha pesca sostible utilizando as nosas artes tradicionais”.

Llano salienta que o proxecto, financiado polo Galp A Mariña-Ortegal, ten como obxectivo “poñer en valor o sector náutico pesqueiro da zona e levar adiante algúns dos puntos que recolle o estatuto da propia entidade”.

CHARLAS NOS COLEXIOS E UN CATÁLOGO DA FAUNA E FLORA

Así, ata final de ano, coa coordinación organizativa da empresa Valora, suporá o repositorio das actas de pesca, a realización de charlas nos centros de ensino, “para achegar o mundo do mar aos centros educativos da comarca”, a creación dun concurso (“O Mar Luce”) ou a publicación dun catálogo sobre a fauna e a flora mariñás.

VISITAS AO TRABALLO DAS REDEIRAS

O presidente de Expomar sinalou que “vaise tratar tamén de fomentar a creación de emprego ligado ao mar, e captar fluxo turístico en épocas de baixa demanda, complementando as visitas ao barco museo e á lonxa mostrando o traballo das redeiras. Trataremos de involucrar á poboación local en todos os temas que teñan relación coa pesca”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...