A asociación que confecciona as alfombras florais das festas patronais de Burela estivo presente no Encontro Internacional de Alfombristas que se celebrou en Bueu. A agrupación espuxo un dos seus traballos nunha cita que mostrou tapices de Galicia, Barcelona, Tenerife ou Italia.
O deseño que realizaron os alfombristas bureleses foi unha homenaxe ao municipio, con referencias á pesca do bonito ou ao torques.
“DIVULGACIÓN”
O concelleiro de turismo, Ramiro Fernández, acudiu á cita. O edil resaltou “o traballo de divulgación que fixo esta representación das alfombras de Burela. Oxalá que sigan participando nestes encontros que poñen o nome do noso concello no mapa”, sinalou.