IniciosociedadeO BNG reclama melloras na N-642 e N-634, en estado de "abandono"

O BNG reclama melloras na N-642 e N-634, en estado de “abandono”

Os nacionalistas demandan pasos de peóns en Nois e Cangas e unha rotonda no cruzamento a Ferreira, ademais da reparación da ponte de subida a Mañente

Publicada o

- Advertisement -

A candidata do BNG ao Congreso dos Deputados por Lugo, Olalla Rodil, visitou no día de hoxe diversos puntos da N-642 e N-634 nos concellos de Foz e Barreiros, xunto con Daniel Castro, tamén candidato mariñao ás Cortes do Estado, Francisco Xavier Fanego, tenente alcalde focego, e a responsable comarcal e alcaldesa barreirense Ana Ermida, reuníndose con veciños da zona que denunciaron unha vez mais “o estado de abandono” destas dúas vías, que soportando un elevado volume de tráfico presentan “moitas deficiencias, que a pesar dos repetidos anuncios de reparación integral dos sucesivos gobernos de PP e PSOE, siguen aí”.

N-642

Fanego fixo fincapé na situación da N-642 no término municipal de Foz e anunciou que instará ao instará ao Ministerio de Fomento á reposición de pasos de peóns nas parroquias de Nois e Cangas, “tal e como demandan moitos veciños, que vén como siguen sen repoñerse despois de seren eliminados nos traballos de parcheo realizados hai mais dun ano, o que significa un serio perigo para a seguridade vial na zona”.

Nese sentido, desde o BNG aseguran que a veciñanza tamén trasladou “a necesidade dunha rotonda dada a perigosidade do cruzamento entre a N-642 e a estrada de Ferreira do Valadouro e a saída do centro social, o polideportivo e a igrexa“.

Fanego tamén se referiu á situación perigosa na subida de Mañente, donde despois dun accidente dun vehículo pesado, a ponte sobre a N-642 “segue sen repararse, estando cortado parte dun dos carrís, tamén co conseguinte perigo”.

N-634

Ermida, responsable comarcal do BNG e alcaldesa de Barreiros referiuse tamén ao “deplorable estado” da N-634 ao seu paso por Barreiros, especialmente no tramo Vilamar-Celeiro de Mariñaos-San Cosme, “co firme deteriorado e sen que ata agora o Ministerio actuase, agás algún parcheo puntual que non solucionou o problema, a pesar de ter coñecemento o organismo estatal desta situación por medio do Concello”.

“DÉBEDA COA MARIÑA”

Para a candidata Olalla Rodil, “esta situación resulta intolerable, despois dos repetidos anuncios electorais de PP e PSOE, que nunca procederon á rexeneración e reparación integral destas dúas importantes vías de comunicación para A Mariña, o que da fe do pouco interés que para estas dúas formacións políticas ten esta comarca, tanto en infraestruturas viarias como noutros eidos”, afirmou.

Non deixou de recordar tampouco a “débeda” que o Estado ten con esta comarca, “que leva dúas décadas de retraso en infraestruturas viarias, tendo en conta que tras innumerables promesas de PP e Psoe, a autovía Barreiros-San Cibrao sigue sen estar xa rematada, así como a vía de altas prestacións San Cibrao-Ferrol. Infraestruturas que están, asegura o BNG, na “primeira páxina” da súa “axenda”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...