InicioDeportesUn loitador Burela FS cae na pista de El Pozo e segue...

Un loitador Burela FS cae na pista de El Pozo e segue necesitado de puntos

O equipo burelao plantou cara ao murciano, un dos grandes da Primeira División, pero mantense na última praza da máxima categoría cun único tanto en seis xornadas

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS terá que esperar para sumar o primeiro triunfo da tempada. Este sábado tampouco puido puntuar na pista de El Pozo Murcia (3-1), nun encontro no que os discípulos de Juanma Marrube deixaron boas sensacións, pero non tiveron o premio dos tantos.

Matamoros tivo a primeira ocasión do equipo da Mariña Lucense, no minuto 5, pero foi Álex quen adiantou aos locais pouco despois, cun disparo á reviravolta tras un saque de esquina.

O 2-0 chegou antes do cuarto de hora, obra de Darío. O conxunto local tivo o terceiro tanto nas botas de Fernando, pero Edu mantivo aos burelaos no encontro. O Pescados Rubén tivo a continuación unha clara ocasión para recurtar diferenzas, pero Fede resolveu ante Joselito.

O conxunto mariñao comezou o segundo tempo con agresividade e Matamoros, no minuto 25, tivo o 2-1 nun disparo que de novo despexou Fede. Foi a mellor ocasión dos de Juanma, que encaixaron o 3-0 -obra de Fernando- no minuto 35. Non baixou os brazos o equipo laranxa malia o revés e buscou recurtar diferenzas co xogo de cinco, con Matamoros como porteiro-xogador. O propio pivote madrileño probou ao porteiro local no 37.

O premio á insistencia do Pescados Rubén FS chegou no 38, cun tanto de Matteus en propia porta tras unha xogada de Joselito. Matamoros puido acadar o 3-2 no 39 e meter o susto no corpo aos locais, pero topouse de novo cun excelente Fede.

O 1 DE NOVEMBRO, O PEÑÍSCOLA

O conxunto laranxa suma un único punto nas seis primeiras xornadas, pechando a clasificación da máxima categoría na Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS). A vindeira xornada de Liga, a sétima, disputarase o 1 de novembro. O cadro laranxa recibirá ao Peñíscola.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...