IniciosociedadeDenuncian que faltan tres médicos por suplir no centro de saúde de...

Denuncian que faltan tres médicos por suplir no centro de saúde de Viveiro

A CIG asegura que o Sergas non cubriu a baixa de tres facultativos, "un de vacacións, outro xubilado e outra cun nomeamento político"

Publicada o

- Advertisement -

A CIG denuncia que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) conta cun só médico para cubrir tres baixas de médicos de familia no centro de saúde de Viveiro. “Un dos facultativos atópase de vacacións até o 1 de agosto, outro galeno xubilouse e a outra profesional tivo un nomeamento político”, lembra.

O sindicato nacionalista afirma que, durante a semana do 2 ao 8 de xullo, dos sete médicos de familia da quenda de mañá só quedaron catro, ao non cubrir o Sergas ningún dos días as tres ausencias actuais.

A CIG asegura que o Sergas tomou a decisión de non substituír ao persoal cando está de vacacións, por xubilación ou por outros motivos, o que, sostén, está a ter como consecuencia “a redución de servizos e unha sobrecarga asistencial nunha vila que ve aumentada a poboación durante o período estival polo turismo. Estase a producir unha masificación das consultas, con cupos profesionais por enriba do establecido legalmente”, advirten.

O colectivo de traballadores esixe a cobertura das ausencias e resalta o papel “básico” da atención primaria “para garantir un servizo de calidade e proximidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...