InicioEconomíaAlcoa é a maior beneficiaria das compensacións por emisións de CO2 de...

Alcoa é a maior beneficiaria das compensacións por emisións de CO2 de toda a industria galega

A fábrica de aluminio percibirá neste concepto case 22,8 millóns, mentres que a de alúmina ingresará 2,4; once centros produtivos galegos beneficiaranse dun investimento de 42,2 millóns

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central fixo públicas este xoves as cantidades que percibirán as empresas galegas no tocante as compensacións por emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro, entre eles o dióxido de carbono (CO2). A multinacional Alcoa é a compañía cun maior ingreso neste concepto, con 25.188.819 euros, case 2,4 millóns pola planta de alúmina de San Cibrao e algo máis de 22,79 pola factoría de aluminio do complexo industrial cervense. En total, o investimento é de arredor de 42,2 millóns, dos que se beneficiarán once centros produtivos galegos.

 

 

 

Expediente

Empresa

Axuda proposta

Sede en Galicia

CO2-010000-2019-47

ALU IBÉRICA LC, S.L.

6.151.711,78 €

A Coruña

CO2-010000-2019-12

ALÚMINA ESPAÑOLA, S.A. – San Ciprián

2.398.097,78 €

Cervo

CO2-010000-2019-18

ALUMINIO ESPAÑOL, S.L.

22.790.722,01 €

Cervo

CO2-010000-2019-83

ALUMINIOS CORTIZO, S.A.U.

79.034,41 €

Padrón

CO2-010000-2019-124

BIOETANOL GALICIA, S.A.

197.476,3 €

Teixeiro

CO2-010000-2019-43

CELSA ATLANTIC, S.L. – División Largos

399.599,86 €

A Laracha

CO2-010000-2019-143

FERROATLÁNTICA DE SABÓN, S.L.U.

3.106.975,26 €

Arteixo

CO2-010000-2019-23

FERROATLÁNTICA, S.A. – Fábrica de Cee

2.285.404,45 €

Cee

CO2-010000-2019-24

FERROATLÁNTICA, S.A. – Fábrica de Dumbría

2.985.453,65 €

Dumbría

CO2-010000-2019-104

MEGASA SIDERÚRGICA, S.L.

1.666.664,83 €

Narón

CO2-010000-2019-121

PAPELERA DE BRANDIA, S.A.

127.039,39 €

Santiago

TOTAL

42.188.179,72 €

 

Estas axudas, co obxectivo de paliar a perda de competitividade das empresas electrointensivas polo prezo da tarifa eléctrica, son unha das peticións da gran industria para conseguir unha maior estabilidade.

O artigo 5 do Real Decreto-Lei 20/2018, de medidas urxentes para o impulso da competitividade económica no sector da industria e o comercio en España (aprobado en decembro do ano pasado), establece que os beneficiarios destas axudas teñen a obriga de manter a actividade produtiva durante un período de tres anos a partir da data en que se dicte a resolución da concesión.

TENTATIVA DE ALIVIAR O PREZO DA ENERXÍA

Alcoa considerou esta subvención insuficiente para garantir a viabilidade da planta de aluminio ante a ausencia dun prezo da electricidade similar ao de outros países de Europa, como Francia ou Alemaña. A multinacional anunciou un plan de axuste coa previsión do peche de plantas nun período de cinco anos. Diante desta situación, os traballadores convocaron unha manifestación o vindeiro domingo en Viveiro para reclamar ao Executivo “medidas urxentes” para garantir os postos de traballo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...