Viveiro estivo presente este luns no inicio da World Travel Market (WTM) de Londres, unha das citas máis importantes do mundo a nivel turístico.
A concelleira de turismo, Marisol Rey, e Ángeles Galdo, do Hotel Val do Naseiro, atópanse na capital do Reino Unido, onde teñen concertadas unha serie de citas con touroperadores e axencias de viaxes para promocionar o municipio, tanto na xornada deste luns como na do martes.
Entre outros recursos turísticos de Viveiro, a Semana Santa viveirense brillou no stand de Galicia.
XUNTANZA CON TEE TRAVEL
Entre as reunións mantidas na xornada inaugural, destacou a xuntanza con Rubén Díaz Valcárcel, de Tee Travel, touroperador especializado en sendeirismo, cicloturismo e viaxes culturais, axencia oficial e líder do Camiño de Santiago e con tres oficinas en Galicia.