InicioSucesosDetidos dous menores en Burela por danos de 9.400 euros en autobuses...

Detidos dous menores en Burela por danos de 9.400 euros en autobuses e no centro de saúde

A Garda Civil indica que a investigación continúa aberta, non descartándose novas detencións

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil detivo na localidade de Burela a dous menores de idade, como supostos autores de varios delitos de danos en autobuses e no centro de saúde da localidade burelá.

Os feitos tiveron lugar o pasado mes de agosto, cando os presuntos autores produciron danos a autocares que se atopaban estacionados na estación de Burela, valorando os danos en 9.400 euros.

Así mesmo son os presuntos autores de danos ocasionados no centro de saúde de Burela. A investigación continúa aberta non descartando novas detencións relacionadas con estes feitos delituosos. As persoas detidas foron postas a disposición da Fiscalía de menores de Lugo.

FURTO NA DEVESA

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigado na localidade de Ribadeo a un veciño de Navia (Asturias) de 53 anos de idade como suposto autor dun delito de furto.

Os feitos ocorreron nun establecemento situado na Devesa, onde o presunto autor roubou unhas botas de traballo do interior do local comercial. A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...