InicioCulturaHeredeiros da Crus, prato forte do Festival As Minas da Pontenova

Heredeiros da Crus, prato forte do Festival As Minas da Pontenova

O grupo do Barbanza deterá a súa xira 'Derretidos' na localidade pontenovesa o 14 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

Os Heredeiros da Crus serán o prato forte da edición décimo terceira do Festival As Minas da Pontenova, que se celebrará o sábado 14 de decembro.

O grupo do Barbanza deterá no festival que organiza a Asociación Cultural e Deportiva As Minas a xira ‘Derretidos‘, que o está a levar a BarcelonaMadrid (23 de novembro) ou Santiago de Compostela (día 30).

ENTRADA A CINCO EUROS CON CONSUMICIÓN

A xornada comezará ás 11.00 horas cunha visita á Mina Consuelo para espeleólogos federados. Ás 21.30 horas haberá churrascada con menú completo a 15 euros, e os concertos arrincarán ás 23.30 horas, con A Chocolateira, un DJ e Os Heredeiros da Crus. A entrada será de cinco euros, consumición incluída, para aqueles que non asistan á churrascada.

Concello da Pontenova, Deputación de Lugo e Superti colaboran na organización do evento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...