InicioDeportesEdu detén un dobre penalti sobre a bucina e rescata un punto...

Edu detén un dobre penalti sobre a bucina e rescata un punto agridoce para o Burela FS ante un rival directo

O cadro burelao empata en Vista Alegre co Zaragoza nun intenso encontro no que foi por diante e por detrás no marcador e no que tivo mellores ocasións ca o seu adversario

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS non puido pasar do empate en Vista Alegre ante un rival directo pola permanencia, o Zaragoza Sala 10 (2-2). O conxunto burelao segue na última praza da Primeira División por detrás do seu opoñente, con cinco puntos por seis do cadro maño.

Ambos equipos xogábanse moito e a intensidade traduciuse en varias faltas. O conxunto da Mariña Lucense tivo as primeiras oportunidades nos pés de Matamoros. No minuto 10, Éverton gozou da mellor ocasión do cadro que adestra Juanma Marrube, pero o porteiro visitante, Iván, resolveu o perigo. Acto seguido, o Pescados Rubén cometeu a quinta infracción.

EDU DETIVO DOUS DOBRES PENALTIS

Matamoros dispuxo dunha nova opción para un Burela FS que estaba a ser mellor. Sen embargo, o Zaragoza meteu o medo no corpo á parroquia laranxa cun dobre penalti, ao cuarto de hora, que lanzou Víctor Tejel e despexou pletórico Edu.

A parada deu ás aos locais, que se adiantaron no marcador aos poucos segundos por medio de Juanfran. Co 1-0 chegou o descanso.

No segundo tempo, catro minutos de despiste local serviron ao Zaragoza para poñerse por diante no electrónico. No 24, Richi aproveitou no segundo pau un saque de falta. O 1-1 fixo dano aos burelaos, que encaixaron o 1-2 no 28, cando Tabuenca aproveitou un rexeitamento de Edu.

Non se rendiu o cadro mariñao malia afrontar un treito final do partido en desvantaxe, logo de ir gañando e ante un rival co que se bate por seguir na máxima categoría. Renato avisou e Álex Diz golpeou, acadando o empate no minuto 34, con moito tempo aínda para xogar.

Nuns minutos finais de moitos nervios, ambos os equipos acumularon cinco faltas -foron expulsados por segundo cartón amarelo Matamoros e Tejel- e o Zaragoza dispuxo, a 25 segundos do final, doutro dobre penalti. De novo Edu foi decisivo, rabuñando un punto na casa para o Burela FS, un mal menor nunha noite de moitas emocións.

DERBI EN FERROL A VINDEIRA FIN DE SEMANA

A vindeira fin de semana, do 23 de novembro, o cadro burelao disputará o derbi galego da Primeira División en Ferrol, na pista do Parrulo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...