InicioCulturaO Festival da Pontenova inclúe unha baixada á Mina Consuelo para espeleólogos

O Festival da Pontenova inclúe unha baixada á Mina Consuelo para espeleólogos

A intención da organización do festival, que se celebrará o 14 de decembro, é resaltar "a tradición mineira" do municipio

Publicada o

- Advertisement -

O XIII Festival das Minas da Pontenova, que se celebrará o próximo 14 de decembro na Praza dos Fornos dese municipio da Mariña Lucense, incluíu por primeira vez no seu programa a baixada a Mina Consuelo, unha actividade que estará reservada para espeleólogos federados.

Os organizadores do festival destacan que o obxectivo de sumar esta actividade ao programa non é outro que “poñer en valor a tradición mineira deste municipio mariñao”, o mesmo co que “naceu este festival” fai xa trece anos.

Luís Miguel Rivas, membro da directiva da Asociación Cultural e Deportiva das Minas, que organiza o festival, asegurou que o deste ano é “un dos mellores carteis”, grazas ao “apoio económico da Deputación e o Concello da Pontenova”.

HEREDEIROS DA CRUS, PRATO FORTE MUSICAL

Entre outras bandas, está confirmada “unha das primeiras paradas da nova vira de Herdeiros da Crus, que de momento ten confirmados concertos en Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, Londres, Xenebra e a Pontenova”.

A Deputación Provincial de Lugo achega 7.500 euros para a organización deste festival. A deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade, Mónica Freire, salientou que a Asociación Cultural e Deportiva As Minas tamén é a impulsora de “torneos deportivos, actuacións teatrais, exposicións ou mesmo do Entroido” no municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...