InicioCulturaChelina Manuhutu encabeza o cartel do festival de electrónica Ether, en Viveiro

Chelina Manuhutu encabeza o cartel do festival de electrónica Ether, en Viveiro

A terceira edición do encontro múdase á Praciña da Herba e ofrecerá actividades para nenos

Publicada o

- Advertisement -

A DJ holandesa Chelina Manuhutu encabeza o cartel da terceira edición do festival de música electrónica Ether, que se celebra este sábado e que neste 2018 múdase do Casino de Viveiro á Praciña da Herba.

O festival, de entrada gratuíta, ofrecerá por segundo ano actividades para nenos, a un prezo de dez euros. O programa de EtherKids, para o que a inscrición fica aberta, comezará ás 16.30 horas, e os pequenos poderán ser Djs por un día, ademais de desfrutar con talleres de pintacaras, pintura de lenzos ou cunha festa infantil. Os pícaros estarán acompañados por monitores de Eureka.

Presentación do festival, coa presenza da edil de cultura, Lara Fernández, e a alcaldesa, María Loureiro. CEDIDA

Os concertos arrincarán ás 19.30 horas. Os asistentes poderán desfrutar dos sets de Djs de alto nivel como Daar, Gersound ou a propia Manuhutu, todos referentes da electrónica a nivel europeo.

APOIO DO CONCELLO

Membros da organización presentaron a cita, que conta co apoio do Concello, no consistorio viveirense. Tamén asistiron á presentación a edil de cultura, Lara Fernández, e a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...