IniciosociedadeA Xunta prevé realizar a reforma enerxética do Ceip Caselles Rollán o...

A Xunta prevé realizar a reforma enerxética do Ceip Caselles Rollán o vindeiro verán

Representantes do Goberno autonómico explicaron á Anpa do colexio as actuacións, que contan cun orzamento de 725.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia explicou o proxecto de intervención proxectado no CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, de Xove, aos representantes do equipo directivo e da Asociación de Nais e Pais do centro, reformas que contan cun orzamento de licitación de 725.113 euros. O Goberno autonómico prevé que as obras estean adxudicadas antes do mes de xuño, para poder executalas durante as vacacións de verán.

A xuntanza tivo lugar no consistorio de Xove e nela participaron o delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde, Demetrio Salgueiro, así como técnicos da unidade de obras e a xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Lugo, Mariña Gueimunde, entre outros.

Igualmente, sinalou que os traballos servirán para mellorar a eficiencia enerxética e tamén a estética e o confort do centro, dado que inclúen o pintado de paramentos, falsos teitos, decoración e acabados en varias instalacións.

As actuacións destinadas a lograr maior aforro enerxético inclúen a instalación de illamento exterior en paredes e cubertas, novas fiestras e persianas que melloran o illamento térmico, e luminarias de alta eficiencia enerxética, entre outras medidas. En conxunto, prevese un aforro enerxético anual do 22,52% en consumo de enerxía primaria e do 23,80% en emisións de dióxido de carbono.

O CEIP DE CERVO SEGUE EN OBRAS

O retraso na licitación e inicio dos traballos de reforma trouxo problemas noutros colexios da Mariña Lucense, especialmente no de Cervo, que continúa en obras en pleno mes de decembro, sen aínda unha data de remate das actuacións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...