InicioCulturaAxenda de ocio na Mariña Lucense e Occidente asturiano para a fin...

Axenda de ocio na Mariña Lucense e Occidente asturiano para a fin de semana

Festas de época e populares, concertos ou monólogos animarán os vindeiros días na bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

Resumo de actividades culturais e de ocio na vindeira fin de semana. 

FESTAS DE ÉPOCA

A terceira edición da Romaxe Viquinga do Vicedo ofrece diversas actividades de recreación históricadesembarco e batalla entre cristiáns e normandos, enterramentos viquingos-, mercado de artesanía, exhibición de oficios tradicionais e numerosas actividades para nenos, como pintacaras, xogos ou contacontos. O pregón do actor Antonio Durán, Morris, o venres ás 19.50 horas na casa da cultura, iniciará unha festa que durará ata a madrugada do sábado.

O Mercado Medieval de Piantón, en Tapia de Casariego, ofrece durante a fin de semana postos de artesanía, alimentación, oficios tradicionais, cetrería, xogos infantís e unha cena medieval, o sábado.

FESTIVAIS E CONCERTOS

O festival multidisciplinar de arte e cultura de vangarda Gadélica, con acceso de balde, oferta un variado programa no que destaca a actuación de Malandrómeda (sábado, 23.00 horas), referente do rap en Galicia. Exposicións, actividades ao aire libre, concertos, performances, todo na fermosa contorna do conxunto histórico-artístico de Sargadelos.

Ether, en Viveiro, convida a desfrutar de balde da música electrónica. A DJ holandesa Chelina Manuhutu será o gran reclamo do encontro, que comezará o sábado na Praciña da Herba, ás 19.30. Tamén hai actividades para nenos, a dez euros.

Os amantes da electrónica teñen outra posibilidade en Foz, no Tentacle Summer. Será tamén o sábado, e igualmente é de acceso libre. O DJ británico Joey Negro é o nome máis destacado do cartel, que inclúe tamén ao grupo de soul e funk The Shakers.

Eido Dourado e o cámping Gaivota, en Barreiros, seguen a ofrecer música de calidade. Este venres será a quenda de Djang Dharma (23.00 horas) no cámping, e o domingo actuará Barahunda, no espazo artístico (22.30 horas).

MONÓLOGOS

O Rincón do Mis, en Foz, acollerá na noite do domingo, desde as 20.00 horas, un monólogo do humorista galego Miguel Lago. As entradas están á venda no establecemento ou no Mis en Plas, en Burela, e tamén pola rede, en www.woutick.es.

FESTAS POPULARES

Celeiro segue a celebrar a súa tradición mariñeira nas súas festas patronais. O venres haberá degustación da empanada e de cervexa e actuarán Os Satélites e Samba. O sábado será a tradicional ofrenda aos náufragos, con misa cantada por Escolma de Meus e procesión. Nueva Fuerza e Blanco y Negro animarán a verbena.

A romería burelesa do Monte Castelo convida a mudarse á montaña por unha fin de semana. Na noite do venres haberá sardiñada e chicharrada, desde as 21.00 horas, e verbena. O sábado haberá sesión vermú, campionato de tute -desde as 17.00 horas-, xogos para nenos e verbena con Limón e DJ Balbino.

ARTESANÍA E ANTIGÜIDADES

Un total de 24 expositores acudirán durante toda a fin de semana á Feria de Antigüedades de Vegadeo, cita obrigada para os coleccionistas. Os asistentes poderán atopar cerámica de Sargadelos antiga, mobiliario, moedas, teléfonos e radios antigas e outros obxectos antigos.

A Feira de Artesanía de Os Muíños, en Mondoñedo, propón desfrutar dos oficios tradicionais e dun barrio que é dos máis fermosos da cidade. A cita comeza ás 11.00 horas do sábado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...