InicioEconomíaA corporación pide a Xunta e Deputación que medien para un plan...

A corporación pide a Xunta e Deputación que medien para un plan de viabilidade en Muebles Hermida

PSOE, PP e BNG esixen a cambio o pago dos catro meses de salarios adebedados e reclaman unha reunión entre as forzas políticas, a dirección e os sindicatos

Publicada o

- Advertisement -

Os voceiros dos tres grupos da corporación municipal de Lourenzá –Manuel Arango (PSdeG-PSOE), Francisco Javier Rodríguez (PP) e Enrique Rocha (BNG) asinaron un acordo no que solicitan que a Deputación Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia e os grupos das tres forzas políticas no Parlamento galego medien na procura dun plan de viabilidade para a empresa Muebles Hermida, “poñendo por diante a condición irrenunciable do pago dos salarios atrasados”.

No escrito indican tamén que a corporación municipal ponse “ó servizo de todas as persoas implicadas na crise de Muebles Hermida coa mellor das predisposicións para entre todos acadar a mellor das solucións posibles. Por iso solicitamos unha reunión entre a dirección da empresa, os delegados dos traballadores e os grupos políticos para abordar esta grave crise”.

“EMERXENCIA SOCIAL”

Ademais explican que “Lourenzá está a pasar por uns momentos duros ao ter case un cento de familias sen cobrar os seus salarios desde hai xa catro meses. A situación é de pre emerxencia social e non podemos pasar e mirar para outro lado”, conclúen.

A dirección de Muebles Hermida anunciou o pasado xoves nunha reunión co persoal que tomará unha decisión entre finais desta semana e principios da seguinte. A empresa, que asegura contar con varias ofertas, debátese entre a venta e o concurso de acredores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...