O goberno de Ribadeo levará ao pleno do vindeiro martes a aprobación da memoria social, xurídica, técnica, financieira e de xestión da residencia de maiores ribadense.
Segundo avanzou o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, esta semana celebrouse a primeira xuntanza da comisión de estudo, formada pola Deputación de Lugo e o Concello. Trala súa aprobación, a memoria estará exposta ao público durante 30 días para a presentación de alegacións.
na documentación está a forma de xestión, o rexime de funcionamento ou os requisitos económicos de acceso
Ademais, durante unha quincena a contar desde o venres, os borradores das ordenanzas e regulamentos que rexerán o funcionamento do servizo ficarán expostos na sede electrónica, na área de participación cidadá. Na documentación, que os ribadenses poden avaliar, estará incluída a forma de xestión, o rexime de funcionamento ou o rexime económico e de acceso do centro.
Suárez Barcia precisou que esta iniciativa satisfai “unha novidade lexislativa que entrou en vigor hai pouco tempo. O artigo 133 da lei 39/2015 estipula que hai que dar participación cidadá incluso en fase de borrador, antes de que se adopten acordos”.
“PREZOS ASUMIBLES”
O alcalde ribadense asegura que os principios que inspiraron o traballo do Concello e a Deputación na elaboración da memoria son “a preferencia para a xente de Ribadeo” e os “prezos asumibles, moi singularmente para quenes non teñan tantos recursos coma outros”.
PERMISO DE INICIO DE ACTIVIDADE
O rexedor explicou que “durante este verán traballaremos nos plenos coas aprobacións iniciais, coas exposicións públicas e coas aprobacións definitivas de toda esta documentación, base imprescindible para solicitar o permiso de inicio de actividade (PIA) á Xunta de Galicia”. Suárez Barcia lamenta que “o Goberno galego non puxo un peso en todo o proceso” e agarda “que non poña máis paus nas rodas”.