InicioEconomíaMensaxe "esperanzadora" tras reunirse a corporación coa dirección e o comité de...

Mensaxe “esperanzadora” tras reunirse a corporación coa dirección e o comité de Muebles Hermida

PSOE, PP e BNG instan a Deputación de Lugo e Xunta de Galicia a que ofrezan o seu "apoio para "o relanzamento da actividade"

Publicada o

- Advertisement -

As tres forzas políticas –PSdeG-PSOE, PP e BNG– da corporación de Lourenzá aprobaron este xoves unha declaración conxunta coa que queren transmitir “unha mensaxe esperanzadora de cara ao futuro” de Muebles Hermida.

A empresa solicitou o concurso voluntario de acredores, que foi aceptado polo Xulgado do Mercantil de Lugo. O xuíz designou como administrador concursal da firma ao economista lucense Javier Reigosa, que o pasado mércores mantivo as primeiras xuntanzas coa dirección e cos sindicatos, unhas reunións nas que segundo os representantes dos traballadores se mostrou “optimista” de cara ao futuro de Muebles Hermida.

O comité de empresa solicitou ao administrador concursal que negocie coa banca para desbloquear o pago dos salarios atrasados. Muebles Hermida adebeda aos seus 95 traballadores tres meses, que serán catro o vindeiro domingo, 15 de novembro.

As tres forzas da corporación instan a Deputación de Lugo e Xunta de Galicia a que ofrezan o seu “apoio” para “o relanzamento da actividade“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...