As frautas traveseiras do Cuarteto Argos inauguraron este domingo o Festival Internacional de Música de Piantón, que reúne sete agrupacións e solistas de diferentes países europeos na localidade vegadense.
As integrantes do grupo – dúas españolas e dúas italianas que están a rematar os seus estudos no Conservatorio Arcangelo Corelli de Messina– están en Piantón para agasallar ao público co seu talento pero tamén para involucrarse nunha experiencia de aprendizaxe recíproca e convivencia.
“Son músicos jóvenes que están terminando sus másteres y sus posgrados, y que empiezan a darse a conocer y a incorporarse a la vida profesional”, explica Elena Montaña, mezzo-soprano e directora do Festival.
Os instrumentos de vento predominan no elenco da oitava edición do festival de música clásica que programa quince concertos -que poden consultar aquí– ata o vindeiro 4 de agosto.
CONJUNTO FESTIVAL
Os artistas alóxanse en vivendas cedidas polos veciños da localidade, e dispoñen das aulas do C.R.A. Ría del Eo para preparar os seus repertorios e unirse ao taller participativo “Conjunto Festival”, unha das singularidades do evento.
Durante a semana, os músicos invitados ensaian con outros estudantes e afeccionados un repertorio que interpretan conxuntamente nos dous concertos que pechan o ciclo. Entre as pezas elixidas, hai cada ano unha composición orixinal que, nesta edición, asina a pianista gaditana Dolores Serrano, que tamén se sumará ao elenco.
Os ensaios realizaranse nas aulas do C.R.A. Ría del Eo durante a semana
“Buscamos músicos que sean muy buenos en sus instrumentos, pero también que estén dispuestos a improvisar, a cantar y a compartir”, comenta a directora do Festival, sobre este obradoiro que reunirá a 43 persoas nas aulas do centro educativo.
CICLO CONSOLIDADO
O ciclo musical chega a súa oitava edición como unha cita consolidada, “es una experiencia gratificante para los que vienen, y son ellos mismos los que la difunden. Afortunadamente, en este momento tenemos más músicos que quieren venir, que plazas disponibles. Tenemos que adaptarnos a los servicios y a las instalaciones de las que disponemos aquí”, apunta Elena Montaña.
“Tenemos un público muy fiel, que tiene mucha confianza en nosotros”
A igrexa de Piantón acollerá concertos durante toda a semana como escenario de referencia do Festival, que levará a música clásica tamén a outras localidades da contorna. Taramundi e Ribadeo repiten como destino dos “concertos itinerantes” e, como novidade, prográmanse actuacións tamén en tres igrexas do Camiño de Santiago en Valdepares (El Franco), Tol (Castropol) e Abres (Vegadeo).