IniciosociedadeUnhas vodas meigas serán o aperitivo da 40 Queimada Popular de Cervo

Unhas vodas meigas serán o aperitivo da 40 Queimada Popular de Cervo

A Praza do Souto acollerá o 4 de agosto unha xornada festiva completa, con gastronomía, teatro e o ritual

Publicada o

- Advertisement -

A Queimada Popular de Cervo, que se celebrará o 18 de agosto, ofrecerá na súa 40 edición un aperitivo o sábado 4, coa celebración das Vodas Meigas. Coa colaboración do ConcelloAiriños do Xunco impulsa o evento, no que o druída Aneiros oficiará os casamentos.

A xornada de festa en Cervo será completa, coa celebración dunha exaltación do xamón cocido na praza do Souto desde as 12.00 horas. Ás 20.00 horas comezará o programa do día nas xornadas de teatro que organiza O Bordelo. Primeiro haberá un monólogo e despois unha representación teatral a cargo do grupo asturiano Pico de Faro.

INSCRICIÓNS

Ao rematar o teatro empezará o ritual das vodas. Os interesados en participar deben anotarse e ir vestidos para a ocasión; os homes, ao xeito dos séculos XVI ao XIX, e as mulleres de meigas.

Os participantes recibirán un documento acreditativo do seu casamento -que caduca ao ano seguinte- e, a un prezo de 25 euros, desfrutarán dun menú especial no restaurante O Almacén. Inclúe caldo meigo, lombo con pócema de champiñóns, requeixo e queimada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...