InicioSucesosDous detidos por unha instalación con 1.000 plantas de marihuana en Barreiros

Dous detidos por unha instalación con 1.000 plantas de marihuana en Barreiros

Os detidos, segundo informou a Comandancia da Garda Civil en Lugo son un veciño de Valencia, de 46 anos de idade, e outro de Ourense, de 63 anos

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous homes e desmantelou unha instalación cunhas 1.000 plantas de marihuana -cun peso aproximado de 200 quilos– que estaba funcionando na planta baixa dunha vivenda no municipio lucense de Barreiros.

Os detidos, segundo informou a Comandancia da Garda Civil en Lugo son un veciño de Valencia, de 46 anos de idade, e outro de Ourense, de 63 anos, ambos arrestados polos supostos delitos de tráfico de drogas e defraudación de fluído eléctrico.

A investigación comezou cando a Garda Civil tivo coñecemento, o pasado mes de outubro, de que nunha vivenda unifamiliar do municipio lucense de Barreiros podíase estar producindo un delito de defraudación de fluído eléctrico.

As sospeitas deron pé ao comezo dunha investigación policial, dado que o consumo eléctrico defraudado facía pensar nunha “instalación de gran capacidade“.

O operativo de vixilancia centrouse nunha vivenda en cuxa planta baixa había funcionando noutro momento como establecemento de hostelería, dado que tiña superficie suficiente para un cultivo de grandes dimensións.

As pesquisas permitiron pescudar aos investigadores que a citada planta baixa fora obxecto no verán de diversos cambios e os inquilinos cambiaran o papel de xornal que cubría os cristais das fiestras por unha especie de tea negra. Ademais, ocupáronse de pechar todo o perímetro da leira para impedir a entrada nela.

Imaxe da instalación. AXM

Durante os labores de vixilancia, os axentes detectaron que as horas punta de consumo eléctrico eran “cíclicas”, ademais de percibir un “intenso cheiro, característico das plantas de cannabis“. No interior do leira atoparon, tras varios controis por parte de técnicos da compañía eléctrica, unha instalación subterránea de cableado que ía desde un poste da luz ata o interior da vivenda, en cuxo baixo os axentes acharon as 1.000 plantas de marihuana.

AIRE ACONDICIONADO E SISTEMAS DE REGO E DE CONTROL DA CALOR

A instalación contaba con aire acondicionado, sistema de rego por bombeo e sistemas de control da calor e a humidade, así como un gran número de ventiladores e lámpadas para acelerar o crecemento das plantas.

No rexistro domiciliario, os axentes encargados da operación interviñeron unha instalación profesional supostamente dedicada ao cultivo de marihuana, para o que utilizaban lámpadas reflectoras con bombillas de 600 vatios. Tamén acharon outras 136 plantas de marihuana de distintos tamaños e os restos do que parecía unha instalación desmantelada nun anexo á vivenda.

A operación policial continúa aberta e non se descartan novas detencións. Os dous detidos foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...