IniciosociedadeA Xunta tampouco realizará a dragaxe de Porto Chico no 2020, denuncia...

A Xunta tampouco realizará a dragaxe de Porto Chico no 2020, denuncia o PSOE

Os socialistas critican a "o desleixo" do Goberno autonómico, que incumpre dous mandados parlamentarios

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz de Pesca do PSdeG-PSOE, Patricia Otero Rodríguez, criticou o “desleixo” da Xunta de Galicia co Porto Chico de Foz, logo de que este confirmara que tampouco realizará a dragaxe comprometida en 2020. Así o denunciou nunha pregunta en Comisión á presidenta de Portos de Galicia, na que lle reclamou a posta en marcha dunha partida orzamentaria específica para acometer a dragaxe do porto.

Otero denunciou que todo foi unha “campaña publicitaria” por parte da Xunta que non se concretou en accións concretas e pediu datas concretas para a realización das obras pendentes no Porto Chico. Destacou a “promesa incumprida” feita pola presidenta de Portos de Galicia que lle anunciara á Asociación A Ribeira de Foz a existencia dunha partida “dentro dos gastos xenéricos de Portos” para poder iniciar “os estudios correspondentes” para comezar co proxecto de dragado.

A responsable socialista lembrou que o PP rexeitou, no debate de orzamentos para o ano 2020, unha emenda do grupo socialista para destinar 850.000 euros a esta intervención, co que demostran que “non é unha obra prioritaria para a Xunta de Galicia”. Así o confirmou a propia responsable de Portos de Galicia, que anunciou o comezo dos trámites para contratar unha asistencia técnica pero que en ningún caso farían a dragaxe en todo 2020.

AS ZODIACS, VARADAS POLA FALTA DE CALADO

Otero acusou ao goberno galgo de encetar unha “nova campaña de publicidade” con unha intervención prioritaria para as embarcacións que utilizan o peirao de Tupide e que quedan en dique seco cando baixa a marea. Lembrou que no pasado verán “os socorristas de Barreiros tiveron que actuar desde a praia para socorrer a varios bañistas ante a imposibilidade de empregar a súa zodiac” debido á falta de calado do porto que impediu a súa saída.

Lembrou que o problema xa fora tratado nunha sesión no ano 2018, onde se aprobou a obra de dragaxe que debía realizarse de forma urxente. A día de hoxe a situación “segue sendo a mesma e a Xunta segue sen tomar medidas”. Reclamou que “non caia en meros anuncios da Xunta, como o segundo martelo do Porto de Burela, que ano tras ano anuncian partidas orzamentarias que despois non executan, as trasladan para o ano seguinte e a obra segue sen executarse”.

RECLAMACIÓN DESDE O 2015

Criticou que o Goberno galego non se tome en serio esta actuación que está a reclamar a Asociación A Ribeira dende o ano 2015 en que detectaron a necesidade da intervención. Criticou ademais o incumprimento do mandato parlamentario a través dunha Proposición non de Lei pedíndolle á Xunta esta intervención e que fora aprobada por unanimidade na mesma Comisión hai apenas dous meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...