InicioSucesosFabien na Mariña: ventos de 183,5 km/h, 16 animais desaloxados da canceira...

Fabien na Mariña: ventos de 183,5 km/h, 16 animais desaloxados da canceira de Alfoz-Valadouro

O temporal deixou ducias de incidentes na bisbarra, entre elas 19 só en Viveiro, e desfixo o teito da canceira do Val do Ouro

Publicada o

- Advertisement -

A borrasca Fabien azoutou con forza á provincia de Lugo durante as últimas horas, con copiosas precipitacións e fortes rachas de vento que provocaron centenares de incidencias en prácticamente todos os municipios lucenses e que deixaron durante varias horas a unhas 30.000 casas sen fornezo eléctrico.

Segundo a información facilitada polos servizos de urxencias, na provincia de Lugo houbo que atender nas últimas horas a un total de 325 incidencias provocadas polas inclemencias do tempo e, de forma especial por esas fortes rachas de vento que en Viveiro superaron os 180 quilómetros por hora (km/h) e nalgunhas zonas da Montaña lucense chegaron a alcanzar os 155 km/h.

Na cidade de Lugo, o vento desprendeu elementos de fachadas e tellados, deixou tocado o alumado eléctrico, envorcou contenedores e fixo intervir aos servizos de urxencias 23 veces nas últimas horas.

Na comarca da Mariña Lucense, o vento fixo voar o teito da protectora de animais de O Valadouro. A asociación solicitou axuda para ubicar os 16 cans que había na instalación, que non sufriron danos.

CORTES DE LUZ

Fabien provocou ata 19 incidencias en municipios como o de Viveiro, moi afectado, do mesmo xeito que o de Chantada na zona sur de Lugo.

Os cortes de luz foron habituais nos municipios de Viveiro, Xove, Cervo, Riotorto ou Mondoñedo, entre outros.

CARRETERAS CORTADAS

Houbo moitos problemas nas estradas, fundamentalmente por mor da caída de árbores e de desprendimientos de terra e pedras, provocados polas copiosas precipitacións da última semana.

O Servizo de Xestión Territorial da Diputación de Lugo, que depende directamente do presente da institución, José Tomé, tivo que atender nas últimas horas a máis dun centenar de incidencias en estradas da rede viaria provincial de 37 municipios. A maioría das intervencións consistiron na retirada de árbores caídas sobre a vía pública e na limpeza de estradas afectadas por desprendimientos de terra.

De feito, o temporal cortou ao tráfico as estradas LU-P-1701 (Castro de Rei), LU-P-0901 (Bóveda) e LU-P-1102 (Cospeito) por inundacións; e LU-P-3502 (Navia de Suarna) e LU-P-1408 (Cervantes) por desprendimientos de terra e pedra e sobre a calzada.

Na Terra Chá, a rede viaria atópase afectada polas inundacións máis graves dos últimos anos e en municipios como Castro de Rei unha decena de estradas locais permanecen cortadas como consecuencia do auga que cobre a calzada.

Neses puntos onde o firme quedou mergullado polo auga habilitáronse desvíos alternativos, pero o propio alcalde, Francisco Balado, recoñeceu que hai casas no concello ás que só se pode acceder a pé, porque todos os accesos están cortados por mor da crecida de ríos e regatos.

Neste momento, precisou, as parroquias máis afectadas son Pacios, Ponche de Outeiro, Bazar, Triabá, Duarría e Loentia.

REBORDAMENTO DO MIÑO

O río Miño baixa totalmente desbordado e inunda amplas zonas de cultivos e prados ao seu paso, pero tamén paseos fluviales e áreas recreativas como a de Santa Isabel no municipio de Outeiro de Rei, mentres que en Lugo a auga tamén inundou as instalacións do Club Fluvial e o paso peatonal entre a Ponte Romana e o Balneario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...