IniciosociedadeLuz Pozo Garza será nomeada filla predilecta de Ribadeo

Luz Pozo Garza será nomeada filla predilecta de Ribadeo

A proposta do Concello, que destaca a "calidade literaria" e "unión sentimental" da escritora co seu municipio natal, conta co visto bo de PP e PSOE e irá a pleno o vindeiro luns

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro luns, 30 de decembro, terá lugar un pleno extraordinario no Concello de Ribadeo na que se someterá a aprobación a proposta de nomeamento de Luz Pozo Garza como filla predilecta do municipio; a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) en relación a tres postos de traballo; e a declaración como Inversións Financeiramente Sostibles para unha serie de actuacións realizadas ao longo do ano.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, aludiu ao argumentario defendido pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, sobre a proposta de nomeamento da escritora ribadense como filla predilecta de Ribadeo, e no que se destaca “a súa incuestionable calidade literaria” así coma “a unión sentimental que sempre expresou polo seu concello de nacemento, que menta ademais como un dos motores da súa produción poética”. A poeta naceu na vila ribadense no 1922.

O rexedor dixo que “trala proposta, convocouse a Comisión Informativa previa ao Pleno, na que se obtivo un ditame votado por unanimidade dos grupos municipais (BNG, PP e PSdeG-PSOE). De ser aprobado, haberá que convocar un segundo pleno extraordinario singularmente para o acto de recoñecemento formal”. Esa segunda sesión celebrarase presumiblemente ao longo do vindeiro mes de xaneiro.

Luz Pozo Garza foi recentemente nomeada Filla Adoptiva do Concello de Viveiro, onde pasou parte da súa vida.

RPT

Outro dos asuntos que se abordarán no pleno do luns será unha modificación puntual da RPT municipal, en concreto para os postos de bedel dos centros municipais, e en dous da área de intervención. No primeiro defínense mellor as funcións do traballador, nos outros casos proponse eliminar o Complemento de Especial Dedicación. Tamén esta cuestión contou coa unanimidade da corporación na comisión informativa previa.

O terceiro asunto que se analizará na vindeira sesión plenaria extraordinaria será “o da Declaración como Inversións financeiramente sostibles para unha serie de actuacións que fomos facendo ao longo do ano, pero que é necesario facer esta declaración para poder utilizar os remanentes de Tesourería existentes para poder financialas. Este é un trámite ordinario, pero necesario de ser feito antes do remate do ano natural”. O pleno dará comezo ás 20.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...