A portavoz do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, solicitou unha reunión co resto de grupos políticos e o presidente provincial, o socialista José Tomé, para “acordar unha declaración institucional en apoio” aos empregados de Muebles Hermida, que solicitou este mes a súa entrada en concurso de acredores.
Neste texto, explica a tamén líder dos populares na provincia, pídese “a implicación das administracións” e “a axilidade” do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) para que aboe as cantidades que a empresa “lle debe aos traballadores”.
“Sempre con ese compromiso, co mantemento do emprego, e sempre con esa coherencia de afastar do debate político o que entendemos que é neste momento una das principais preocupacións que temos na provincia de Lugo”, manifesta.
E é que, de acordo coas súas palabras, tanto a administración como os políticos teñen “a obrigación de traballar, arrimar o ombreiro e achegar solucións”.