InicioPolíticaRibadeo urxe á Xunta a suplir a traída de auga de Vilarbetote,...

Ribadeo urxe á Xunta a suplir a traída de auga de Vilarbetote, en “situación límite”

A acometida, que parte de Trabada e abastece tamén a este municipio, sufriu cinco roturas en xullo

Publicada o

- Advertisement -

O pleno de Ribadeo aprobou unha moción de urxencia rexistrada polo equipo de goberno para instar á Xunta de Galicia a que licite as obras de substitución “polo procedemento de urxencia” da acometida de auga de Vilarbetote, que está nunha “situación límite de obsolescencia”, resaltou o executivo municipal, “pola que podemos quedar en calquera momento desabastecidos”.

A ÚLTIMA ROTURA, O PASADO MARTES

O equipo de goberno ribadense sinala que no mes de xullo rexistráronse cinco roturas na tubaxe principal, unha delas o pasado martes, no mesmo día do pleno. O executivo municipal resalta que os elementos que integran a acometida -ventosas, válvulas de seccionamento- atópanse en “estado grave de deterioro”, e que se suceden as avarías pola súa precariedade e non por outras circunstancias, coma treboadas ou accidentes.

A acometida, situada no termo municipal de Trabada, capta auga do río Eo e impúlsaa a través duns 20 quilómetros de tubaxe até a súa distribución no depósito de Santa Cruz. É, polo tanto, unha insfraestrutura supralocal. A súa construción, con materiais de fibrocemento, data dos anos 70 do século pasado.

PROXECTO SEN LICITAR

O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, sinala que “a Xunta redactou e ten no caixón un proxecto de substitución da acometida desde Santa Cruz a Vilarbetote, que supón uns cinco millóns de euros. Ribadeo ben o merece”, indica o rexedor, que lembra que o outro punto de captación de auga do municipio, en Lexoso, que vén do Río Grande, “ten moi pouco caudal en verán”.

OUTRAS MOCIÓNS

Na sesión plenaria tamén se aprobou o rexime de xestión da residencia, eximir de pagar a taxa por ocupación de vía públia a entidades sen ánimo de lucro e unha moción para declarar persoas non gratas no municipio aos membros de La Manada, entre outras cuestións. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...