IniciosociedadeO empresario Daniel Suárez falará de "econoloxía" en Viveiro

O empresario Daniel Suárez falará de “econoloxía” en Viveiro

A asociación Pratodo organiza un encontro de divulgación do "emprendemento e a aprendizaxe"

Publicada o

O empresario asturiano Daniel Suárez, un dos emprendedores que máis está a chamar a atención tanto en España como a entidades como Google, ofrecerá o vindeiro 10 de xaneiro, ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a charla-obra de teatro titulada ‘Econología: filosofía de vida “mal” contada‘.
A asociación Pratodo organiza este “encontro de promoción e divulgación sobre emprendemento e aprendizaxe”, no que Suárez, Chief Exploration Officer (CEO) de Zapiens e profesor da Universidad de Oviedo, amosará os seus coñecementos “nun novidoso formato”.
Cartel do encontro. AXM
Suárez foi fundador da primeira desaceleradora e incubadora orgánica de España, e impulsor e confundador de máis de 15 empresas, entre elas Bendita Llave, Rural Talent ou OkTicket. As entradas custan cinco euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...