IniciosociedadeUn taller sobre previr violencias machistas no tempo libre pechará as Xornadas...

Un taller sobre previr violencias machistas no tempo libre pechará as Xornadas para a Igualdade de Xove

Arabías Sociedade Cooperativa Galega impartirá o obradoiro este martes no consistorio, en horario de 17.00 a 20.00 horas e con prazas limitadas

Publicada o

- Advertisement -

Este martes continúan, cun taller sobre como previr as violencias machistas nas actividades de ocio, as Xornadas para a Igualdade que impulsa o Concello de Xove. o programa rematará con Lecer en Igualdade, un encontro especialmente pensado para monitores de tempo libre, a fin de axudarlles a previr actitudes sexistas no seu traballo.

Pode acudir tamén calquera persoa interesada nesta cuestión. Impatirá o obradoiro Arabías Sociedade Cooperativa Galega, en horario de 17.00 a 20.00 horas, no consistorio xovense.

As prazas para participar no taller, gratuíto, son limitadas. Anotan e informan no 982.57.18.16.

As actividades do programa comezaron o pasado 17 de decembro cunha charla da sexóloga Martina González Veiga, na que a especialista orientou ás familias sobre como falar de sexo coas crianzas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...