InicioCulturaUn roteiro por "lugares de conto" de Mondoñedo animará o segundo encontro...

Un roteiro por “lugares de conto” de Mondoñedo animará o segundo encontro da narración oral galega

O evento, do 24 ao 26 de xaneiro, incluirá unha gala conducida por Carmen Conde e relatorios sobre a igualdade e a diversidade, os títeres, a voz ou o cambio climático

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo acollerá os próximos días 24, 25 e 26 de xaneiro a segunda edición de NOGA, Colectivo de Narración Oral Galega, que conta cun amplo programa de actividades tanto para os profesionais como para o público en xeral.

A apertura do encontro será ás 21.00 horas do día 24 no auditorio municipal Pascual Veiga; a entrada é libre, ata completar o aforo. A gala de apertura estará conducida por Carmen Conde.

Para o sábado, 25, o programa é o seguinte: de 10.00 a 11.30, haberá un obradoiro, titulado ‘Falamos da voz‘, da man de Faia Díaz, cantante e historiadora da Arte; á mesma hora desenvolverase unha charla a cargo da xornalista Eva Mejuto, sobre ‘Conto, igualdade e diversidade‘. De 11.30 a 12.30 Pablo Ángel Meira Cartea, profesor de Educación Ambiental na USC, exporá a ponencia ‘O cambio climático non existe… É un conto‘.

Despois dun descanso de quince minutos, a actriz e doutora en Ciencias da Comunicación Comba Campoy dará unha conferencia sobre ‘Violencia nos títeres‘. Por último, de 16.30 a 20.30, no Pazo de San Tomé, desenvolverase o encontro dos profesionais da narración oral. Os organizadores din que a primeira edición de NOGA, celebrada tamén en Mondoñedo, estreitou lazos e espertou o sentimento de gremio.

Para o 26, o programa recolle un roteiro para público familiar, que leva por título o de ‘Aquí contamos‘. O percorrido empezará ás 11.30, no quiosco da Alameda dos Remedios, pasará pola Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, a Fonte Vella, o barrio dos Muíños e a Ponte do Pasatempo. O percorrido acabará sobre as 13.00 horas. Os organizadores anuncian “unha mañá chea de narración para todas as idades, por lugares de conto (…)”.

O Concello de Mondoñedo colabora ofrecendo aos asistentes ao encontro de narradores dúas noites de pernoita na Hospedería Santa Catalina.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...