IniciosociedadeA veciñanza de Ourol e Abadín poderá plantar pataca nos próximos días

A veciñanza de Ourol e Abadín poderá plantar pataca nos próximos días

Xunta e Goberno levantan a prohibición en nove municipios, que pasan á zona tampón; malia "resultados positivos" sobre a couza, o veto mantense nos restantes concellos da Mariña

Publicada o

- Advertisement -
A Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura acordaron este xoves levantar a prohibición de plantar pataca en nove concellos galegos afectados pola couza guatemalteca, entre eles os de Ourol e Abadín, tal e como anunciara o Executivo autonómico no pasado mes de decembro.  O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará nos próximos días unha resolución para facer efectivo este acordo.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, comunicou esta medida tras reunirse co director xeral de Sanidad de la Producción Agraria, Valentín Almansa, nunha xuntanza na que tamén participaron representantes do Principado de Asturias, entre eles a responsable de Desarrollo Rural e Industrias Agrarais, Begoña López.

AS PATACAS DE CEDO, Á ESPERA

Os concellos beneficiados pola medida son os de Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol, A Capela e As Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña, e dos de Ourol e Abadín, na de Lugo. Deste xeito, aínda que condicionados pola premura, os veciños poderán plantar patacas de cedo, as que se sementan tralo Nadal e se recollen entre os meses de maio e xuño.

Reunión de Xunta, Principado e Ministerio de Agricultura. AXM

AS PLANTACIÓNS DEBERANSE NOTIFICAR E SERÁN SOMETIDAS A EXAME

Esta medida xa fora avaliada e proposta na última xuntanza da comisión de seguimento da couza guatemalteca da pataca, que tivo lugar o pasado día 11 de decembro en Santiago. Naquela reunión constatouse “unha evolución moi positiva” na redución de capturas en todos os municipios da zona infestada e que nestes nove non se rexistrou ningunha nos últimos dous anos, razón que permite levantar as restricións, de forma que os citados concellos pasen de estar en zona infestada á zona tampón.

Isto supón que se permitirá plantar pataca, pero que se fará un seguimento exhaustivo das plantacións por parte da Consellería do Medio Rural e manteranse as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación, co obxectivo último de controlar a expansión da couza.

Así, deberán notificarse as plantacións para a realización de controis fitosanitarios.

A PROHIBICIÓN MANTENSE EN 15 CONCELLOS MARIÑAOS

Malia os resultados aos que alude a Xunta, a situación non cambia en AlfozA Pontenova, A PastorizaBarreiros, BurelaCervoFozLourenzáMondoñedoO ValadouroO Vicedo, RibadeoRiotorto, TrabadaViveiro e Xove, os concellos lucenses afectados pola couza guatemalteca, que terán que seguir agardando para poder cultivar o tubérculo.

EN ASTURIAS, O VETO SEGUE NO OCCIDENTE

Coaña, El Franco, Xixón, Muros de Nalón e Tapia de Casariego serán os municipios de Asturias nos que se levanta o veto, que persiste na zona de Occidente limítrofe coa Mariña Lucense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...