Un motorista resultou ferido na tarde deste luns ao producirse unha colisión entre a moto que manexaba e un coche na N-642, a estrada que vertebra A Mariña Lucense, á altura da rotonda do polígono de Fazouro, no termo municipal de Foz.
Segundo confirmaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Dependencias (CIAE) do 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as seis horas e catorce minutos da tarde, momento no que a centralita recibiu aviso do sinistro.
Daquela, o CIAE 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Barreiros, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, Policía Local, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.