O vilalbés afincado na Mariña Lucense, Pedro Cabarcos Quintela, membro da asociación Tá en Artes, foi seleccionado para participar na 31 edición do concurso de retratos que organiza a National Portrait Gallery de Londres.
Cabarcos é debuxante e docente, nacido en Vilalba no 1955 e Licenciado en Historia da Arte pola Universidad Complutense de Madrid.
Segundo expuxo Tá en Artes a través dun comunicado, na edición do ano anterior participaron no National Portrait Gallery 2.583 artistas de 81 países sendo seleccionados 290 para a fase final, polo que o colectivo considera esta elección “unha boa noticia para a comarca, dada a aposta que esta asociación realiza en arte e educación, e que reivindica o traballo dos artistas da nosa comarca”, e “un triunfo colectivo de todo ambiente artístico e educativo”.