Galicia estará afectada este xoves por unha alerta laranxa por fortes ventos (de máis de 100 quilómetros por hora) e choivas nas provincias de Lugo, A Coruña, Pontevedra.
Segundo informa a Xunta de Galicia nun comunicado, as actividades no exterior de centros educativos, así como as deportivas, quedarán suspendidas na Coruña, Pontevedra e A Mariña Lucense.
Segundo informa Aemet, espéranse ventos sur que poden superar os 100 quilómetros por hora -e alcanzar forza oito- na Coruña, Pontevedra e A Mariña, mentres no resto da Comunidade haberá alerta amarela por ventos de ata 95 quilómetros por hora.
AVISO AMARELO POR TEMPORAL COSTEIRO
A bisbarra tamén se verá afectada por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por temporal costeiro, con vento do suroeste a oeste e ondas de ata catro metros.
Ademais, haberá alerta laranxa por choivas intensas na provincia da Coruña, onde se esperan precipitacións acumuladas de ata 90 litros por metro cadrado en 12 horas. Segundo a información de Meteogalicia, a alerta laranxa durará ata a tarde deste xoves, mentres que a situación mellorará nas últimas horas do día.