IniciosociedadeO Goberno recúa e reabrirá ata o 31 de marzo a venta...

O Goberno recúa e reabrirá ata o 31 de marzo a venta presencial de billetes en Burela e Viveiro

Trátase, asegura Renfe, dunha medida "temporal" mentres se busca "solución" mediante acordos de colaboración con Deputacións e Concellos interesados en manter a venda presencial

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Os billetes de tren volverán venderse desde este mércores de forma presencial nas estacións de ferrocarril nas que se deixou de prestar ese servizo o pasado 31 de decembro, entre elas Burela e Viveiro.

Segundo fontes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, de momento volverase á situación existente ata que, co cambio de ano, Renfe asumiu a venda de billetes en 142 estacións, “as de menor tráfico de viaxeiros”, nas que, ata ese momento, Adif ocupábase desa tarefa.

Trátase, segundo esas fontes, dunha “medida provisional“, ata o 31 de marzo, mentres se buscan “solucións definitivas” mediante acordos de colaboración con Deputacións e Concellos interesados en manter a venda presencial.

Tralo traspaso da venda de billetes de Adif a Renfe nesas 142 estacións, a compañía ferroviaria precisou que só se despacharían de forma presencial nas que superasen os cen viaxeiros diarios. No resto das estacións, os usuarios debían recorrer a outros medios de compra, como internet, teléfono ou máquinas de autoventa.

A recuperación do servizo suprimido era parte do acordo entre o PSOE e Teruel Existe para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno. A medida colleitara critícas de partidos e sindicatos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...