IniciosociedadeA Festa do Chícaro imponse ao mal tempo e abre a tempada...

A Festa do Chícaro imponse ao mal tempo e abre a tempada de exaltacións gastronómicas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, citou a Manuel María no pregou que deu paso á degustación do berberecho, en catro especialidades

Publicada o

- Advertisement -

Centos de persoas, desafiando ao mal tempo, acudiron este sábado á Festa do Chícaro de Foz, que cumpriu a súa 17 edición. A exaltación do berberecho, a principal celebración culinaria do municipio focego, trátase da primeira gran festa gastronómica do ano na Mariña Lucense, polo que axuda a desestacionalizar o turismo.

Desde este ano, cada edición da festa estará adicada a un lugar. Dese xeito, a alcaldesa de Lugo, a sancibrense Lara Méndez, foi a elixida para pronunciar o pregón dunha festa que se celebra ininterrompidamente dende o ano 2004.

Méndez comezou agradecendo ao alcalde focego, Francisco Cajoto, que pensaran nela para abrir os festexos. “Dicía o poeta Manuel María que o Cantábrico envía os seus bicos a Foz e son bicos a moreas ao longo dos seus 25 quilómetros de costa de incrible beleza e das súas nove praias de augas limpas e cristalinas”, subliñou a rexedora quen, destacou dun modo especial a riqueza ecolóxica e a gran variedade paisaxística da zona “pero, sobre todo, o seu patrimonio maior: as veciñas e veciños”.

Momento do pregón. CONCELLO DE FOZ

Os asistentes poideron saborear os chícaros en catro especialidades: ao vapor, en empanada, á provenzal e á mariñeira, estas dúas últimas preparadas pola Escola de Hostalería de Foz. Non faltou a música con actuacións musicais do grupo Mar Aberto, da charanga NBA e das agrupacións A Subela e O Feitizo.

A festa comezou xa o venres, con dúas charlas que se celebraron no salón de actos do CenimaAntón Niñe falou do 90 aniversario do pósito de pescadores focense; Xesús do Breogán pronunciou o relatorio titulado ‘Foz, versión única da salve mariñeira‘.

Reparto de chícaros á provenzal. CONCELLO DE FOZ

ESTE DOMINGO, EN BARES E RESTAURANTES

A festa continuará o vindeiro domingo polos locais de hostalería, que ofrecerán o produto estrela da fin de semana. A xornada dominical pechará unha exaltación gastronómica que se consolida e que o ano que vén alcanzará “a maioría de idade“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...