Galicia sitúase como a sexta comunidade autónoma máis denunciada en casos de neglixencia médico-sanitaria, segundo recolle a Memoria 2019 da Asociación El Defensor del Paciente que tamén alerta da intención da Xunta de Galicia de “privatizar” a sanidade pública.
Segundo a memoria difundida este luns, Defensor del Paciente rexistrou en Galicia en 2019 un total de 640 casos denunciados de neglixencias, das que 281 corresponderon á provincia da Coruña; 259 á de Pontevedra; 64 á de Ourense e 36 á de Lugo.
No tocante ás listas de espera, “podemos observar que Galicia saíu da cola cando os últimos anos sempre a atopabamos situada entre as peores. No entanto, somos bastante incrédulos ante a cifra de 56 días para intervención“, expón o colectivo, que coloca a Galicia en sexta posición en canto a número de persoas agardando por probas ou operacións, tras Cataluña (168.108), Andalucía (137.721), Comunidade Valenciana (56.725), Madrid (52.579) e Castela A Mancha (36.772).
Máis información en Galicia Confidencial.