EFE. Un menor foi imputado como investigado por un suposto delito de abuso sexual na localidade lucense de Foz, segundo informaron a EFE fontes da Garda Civil.
Os mesmos informadores do Instituto Armado explicaron que a imputación dese menor de idade produciuse o pasado luns, aínda que os feitos polos que está a ser investigado remóntanse ao mes de outubro do pasado ano.
O menor, sempre segundo a versión ofrecida pola Benemérita, está a ser investigado por tocarlle os peitos a unha “muller de avanzada idade” na mesma localidade de Foz. As dilixencias quedaron en mans da Fiscalía de Menores.