InicioSucesosDetido un veciño de Foz en Lugo por conducir borracho e sen...

Detido un veciño de Foz en Lugo por conducir borracho e sen carné un coche roubado

O focego, de 30 anos, deu 1,28 mg/l no test de alcolemia tras ser interceptado indo en dirección contraria pola rúa Betanzos

Publicada o

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional adheridos á Brigada de Seguridade Cidadá detiveron en Lugo a un veciño varón da localidade de Foz por un delito contra a seguridade do tráfico e outro por roubo de uso de vehículos. O detido, de 30 anos, conta con antecedentes policiais.

Os feitos ocorreron pasadas as dúas da madrugada, cando o indicativo da Brigada de Seguridade Cidadá que patrullou a zona das áreas de lecer da zona de Camiño Real e nas proximidades, observou como un vehículo circulaba en sentido contrario, pola rúa Betanzos, a moi baixa velocidade e obrigando a saír outros usuarios da vía.

NEGOUSE A REALIZAR A SEGUNDA PROBA

Cando se dirixiron a el para paralo, o condutor baixou do turismo deixándoo na beirarrúa, aberto, momento no que foi identificado pola Policía, que puido comprobar como estaba baixo a influencia de bebidas alcólicas. Así, solicitouse a presenza da Policía Local para realizar o correspondente test de alcolemia, que produciu un resultado de 1,28 miligramos/litro, sendo o focego trasladado para realizar a segunda proba e o correspondente xuízo inmediato.

Nese momento, a Policía da Brigada de Seguridade Cidadá continuou a realizar as comprobacións necesarias do vehículo no que circulaba, que apareceu a nome doutra persoa, coa que os axentes se puxeron contacto, sendo o propietario quen afirmou que o tiña estacionado na rúa Pontevedra.

Por todo isto, informouse ao condutor da súa detención por un delito de roubo de uso de vehículo así como de conducción sen permiso, xa que tamén o tiña retirado.

Deste xeito, trasladouse ao arrestado ás dependencias da Policía Nacional na rúa Chantada, onde se instruíu o correspondente testemuño dos feitos antes mencionados, dos que se dá conta da Autoridade Xudicial.

RECUPERADO OUTRO COCHE SUBSTRAÍDO

Por outro lado, funcionarios da Brigada de Seguridade Cidadá, adscritos ao servicio de Radiopatrullas, observaron como no párking dun coñecido restaurante da cidade ubicado nas aforas da cidade, un vehículo tiña a pechadura forzada, así como a ponte feita, figurando xa dentro das bases de datos da Dirección Xeral da Policía como substraído.

Ao tempo que se pediu a grúa municipal para o seu traslado ao depósito, realizouse requisa no referido local de hostalería, resultando negativo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...