Os servizos de Urxencias de centros hospitalarios de once comunidades autónomas (CC AA) teñen problemas de “saturación e colapso“, segundo denunciou este xoves o Sindicato de Enfermería (Satse), que atribúe esta situación á “falta de suficientes recursos humanos e materiais para atender a crecente demanda asistencial motivada pola gripe“. Entre eles, a central cita o Hospital da Mariña.
En Galicia, a organización sindical afirma que varios centros hospitalarios estiveron afectados en días pasados. En concreto, cita os casos do HULA de Lugo; o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS); o Hospital Montecelo; o Hospital da Costa, e o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
Así mesmo, o sindicato advirte ás Administracións territoriais de que “o peor está aínda por chegar” e reclama ás CC AA que adopten as medidas necesarias para garantir que “todos os centros sanitarios contan con enfermeiras e enfermeiros suficientes para ofrecer a mellor atención posible a cidadáns e pacientes”. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.